A libraría ColorCombinate implementa un diálogo GTK para axudarte a calcular armonías de cor, aplicar variacions a esas armonías para facer esquemas de cor, e gardalas cores nun arquivo coa paleta resultante, para o seu uso posterior.
Iste diálogo podese usar expandido para calcular cores, ou colapsado coma un visor de paletas.
ColorCombinate e mais as suas librarias están so en Ingles agora mesmo.
Os esforzos de tradución - a gallego e español neste momento - son dirixidos polo proxecto Mancomun ca axuda e soporte da división de Software Libre do CESGA.
ColorCombinate e as suas librarias está a ser desenrroladas por min - Iago Rubio - e son patrocinadas por Abertal Networks S.L. que cede parte das miñas horas de traballo para desenrrolar o proxecto coma parte dos seus esforzos de Innovación e Desenrrolo.
Iste aplicativo desenrolase paralelamente en Sourceforge e na Forxa de Mancomun. As versións nas duas plataformas son sempre idénticas. As listas de correo e foro de Sourceforge son únicamente en ingles, así que se recomenda usar os foros de Mancomun aos falantes da nosa lingua.
ColorCombinate e unha aplicativo para usar coma campo de probas pro widget CcColorCombinateDialog, y coma aplicativo independente.
Coma usuario final podes descargar agora mesmo tanto ColorCombinate como su documentación (en ingles), dende a páxina do proxecto en Mancomun e SourceForge.
Existe algunha documentación (en ingles) para o desenrrolo de aplicativos con ColorCombinate, alguns exemplos en C e Python, e uns screencasts (en formato gif animado) do desenrrolo dunha aplicativo mínima co CcColorCombinateDialog en C (1,7MB) e Python (1,4 MB).
Para o desenrrolo é mellor descargalo código completo, mais existen alguns binarios por se queres probala libraria.
O paquete de desenrrollo consiste nunha libraria estática para enlazar co teu aplicativo. A libraria de Python e un modulo en C, co que so tes que copialo arquivo da libraria (*.so ou *.dll) o directorio site-packages da tua instalación de Python2.4 (requiere GTK+2.6).
Podes descargalo aplicativo e librarias dende a páxina de Mancomun.
Grazas a todolos que participan neste proxecto, especialmente a Abertal, Mancomun e SourceForge.
Colorcombinate esta distribuido baixo a GPL e as suas librarias baixo a LGPL.